Wednesday 08 de May de 2024

O Concello de Brión organiza o Campus EDS 2021 para crianzas de 4 a 14 anos e que terá lugar en catro quendas do 5 ao 30 de xullo


O Concello de Brión organiza o Campus EDS 2001, dirixido a nenos e nenas de 4 a 14 anos e que terá lugar en catro quendas do 5 ao 30 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 horas. As clases serán impartidas por xogadores e adestradores titulados da Escola Deportiva Santiago, con adestramentos específicos para porteiros, no pavillón e campo de fútbol municipais de Brión.

O campus terá lugar en catro quendas: do 5 ao 9 de xullo, do 12 ao 16 de xullo, do 19 ao 23 de xullo e do 26 ao 30 de xullo. O prezo será de 85 euros por quenda, 150 euros dúas quendas, 210 euros tres quendas e 240 euros polo campus completo. Haberá un 10% de desconto para familias numerosas e para o segundo irmán/irmá. Os prezos inclúen equipamento e merenda.

As inscricións poden realizarse na Biblioteca Municipal de Brión, a través do mail escolasantiagocf@gmail.com ou o teléfono 981 509 99, en horario de mañá.